Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (P.O. 712/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 712/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esteban Otero Allo contra a empresa Cimadevila Motor, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxa resolución se achega:

«Resolvo:

Aceptar a demanda formulada por Esteban Otero Allo fronte á empresa Cimadevila Motor, S.L., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 4.230,88 euros en concepto de salarios debidos, incrementado cos xuros por mora do artigo 29.3 do ET, todo iso coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poderá interporse recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da LPL, pasados os cales, quedará firme en dereito.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. O maxistrado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cimadevila Motor, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014

A secretaria xudicial