Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24425

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de prórroga do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa).

Visto o acordo subscrito pola comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa), o 31 de marzo de 2014, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG número 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

Acta de acordo de corrección da mesa negociadora do convenio colectivo
de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de Galicia

Ás 12.00 horas do día 22 de abril de 2014, nos locais da empresa Financiera Maderera, S.A. en Santiago de Compostela, reúnense as persoas que a seguir se mencionan, integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S. A. (Finsa) para os seus centros de traballo en Galicia.

Por parte dos traballadores:

– Por CC.OO.:

1. José Luis López Souto DNI: 33273907

2. Eloy Buceta Viñas DNI: 35472598

3. Jesús Mª Fernández Rodríguez DNI: 33345383

4. Manuel Gómez Lorenzo DNI 34910257

– Por UGT:

1. Álvaro Lois Fernández DNI: 33239000

2. Miguel A. Pereiro Balseiro DNI: 34996643

3. José Otero Casal DNI: 35471355

4. Miguel Ángel Fernández López DNI: 33843201

5. Marcos Vázquez Garrido DNI: 33540501

– Por USO:

1. Marcial Casas Couselo DNI: 33301633

2. Ricardo Figueira Rodríguez DNI: 33264606

3. Rubén Cao Rodríguez DNI: 44456788

En representación da empresa:

1. Xosé M. Mera Iglesias DNI: 36126130

2. Modesto Vázquez Vilares DNI: 33287691

3. Gonzalo Machado Domínguez DNI: 34955250

4. Daniel Noya Miramontes DNI: 33291958

5. José Manuel Sánchez Expósito DNI: 33309656

6. Marco A. Díaz López DNI: 33327406

7. Luz Cachafeiro García DNI: 44819014

8. Ramón Vázquez Lista DNI: 32753769

Iniciado o trámite de rexistro da acta de acordo de ultraactividade, comunícase un erro na data da sinatura do documento e, concedido trámite para a emenda, ambas as partes acordan proceder á corrección da acta de acordo de prórroga de ultraactividade do convenio asinado o pasado día 31 de marzo de 2014 con efectos ata final do ano 2014, en que por erro se fixo constar a data de sinatura do 31 de marzo de 2013 e, en consecuencia, adóptanse os seguintes

Acordos:

Primeiro. Ambas as partes acordan proceder á corrección do erro na data da sinatura da acta de acordo de ultraactividade do convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as súas fábricas de taboleiro en Galicia, establecendo como data correcta o día 31 de marzo de 2014, en que foi asinada a acta de acordo polos membros da comisión negociadora do convenio.

Segundo. Acórdase facultar a Xosé Manuel Mera Iglesias, que delega expresamente este trámite de xestión en Begoña Martínez Martínez Díaz, para que proceda ao rexistro no sistema Regcon desta acta de corrección de erros ante a Dirección Xeral de Traballo, co fin de que esta lle dea o trámite oportuno e proceda ao rexistro, depósito e publicación no DOG do acordo de ampliación da ultraactividade do convenio colectivo Finsa para as fábricas de taboleiro de Galicia (DOG 6.7.2011).

E en proba de conformidade, ratificando en todos os seus aspectos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e na data arriba indicados.