Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24428

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2014 pola que se modifica a Resolución do 8 de maio de 2014 pola que se convoca o Curso de rehabilitación, renovación e rexeneración urbana en Galicia: métodos, accións, xestión e aplicación do novo Plan 2013-2016.

No Diario Oficial de Galicia núm. 93, do 16 de maio de 2014, publicouse a Resolución do 8 de maio de 2014 pola que se convoca o curso de rehabilitación, renovación e rexeneración urbana en Galicia: métodos, accións, xestión e aplicación do novo Plan 2013-2016.

Co obxecto de facilitar a asistencia a este curso dun maior número de destinatarios e unha vez implantados nas xefaturas territoriais de Ourense e Vigo os medios técnicos necesarios, procédese á modificación, no relativo ao desenvolvemento do curso, da Resolución do 8 de maio de 2013 pola que se convoca o curso de rehabilitación, renovación e rexeneración urbana en Galicia: métodos, accións, xestión e aplicación do novo Plan 2013-2016.

A base 12 de Resolución do 8 de maio queda redactada como segue:

12. Desenvolvemento.

O curso desenvolverase de xeito presencial na EGAP (rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela) e a través de videoconferencia nas xefaturas territoriais de Ourense (avda. da Habana, 79) e Vigo (Concepción Arenal, 8) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e terá lugar entre o 10 de xuño e o 23 de xullo en horario de tarde (16.30 a 20.30 horas). As datas concretas poderán consultarse na web da EGAP (http://egap.xunta.es/fichanova/id/1890).

O curso terá unha duración de 50 horas, das cales 14 horas serán presenciais na sede da EGAP e as 36 horas restantes poderán seguirse na EGAP ou por videoconferencia nos lugares sinalados no parágrafo anterior.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de xuño.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública