Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 8 de maio de 2014 pola que se lles notifica aos interesados que se indican a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, na cal se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lles notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado en Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido este prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: LU-83/010, conta 7.

Nome: herdeiros de David Barreiro Martínez.

Último domicilio coñecido: rúa Sober, 1-1º D (A Pinguela), Monforte de Lemos.

Indicación do contido do acto que se notifica: notificación da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

Trátase dun acto de simple trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non poderá interporse ningún recurso.