Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 9 de maio de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se procede á notificación dun requirimento de emenda no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle ao interesado, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, o requirimento de emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitado ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

Tendo en conta o sinalado nos artigos 10.4º do Decreto 1/2010 e 71.1º da Lei 30/1992, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se dará por desistido da súa petición, logo da resolución de arquivamento.

Ourense, 9 de maio de 2014

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

José Batista Patricio.

Rabo de Galo, 5 baixo, 32002 Ourense.

Credencial: 46541.