Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico para a súa realización en empresas galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 09.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico para a súa realización en empresas galegas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 1/14.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico para a súa realización en empresas galegas.

b) División por lotes e número:

Lote

Obxecto

1

Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas da provincia da Coruña

2

Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas da provincia de Pontevedra

3

Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas das provincias de Lugo e Ourense

4

Servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento

5

Servizos de optimización da produción e cadea loxística

6

Servizos de asesoramento para o relanzamento comercial

7

Servizos de implementación de control de xestión/xestión por procesos

8

Servizos de mellora da imaxe e comunicación empresarial

9

Servizos de desenvolvemento estratéxico integral da empresa

10

Servizos de elaboración de plans e protocolos de empresa familiar

11

Servizos de identificación de redes de cooperación e socios

12

Servizos de asesoramento para a redefinición de negocio

13

Servizo de control, avaliación e difusión do programa

c) Lugar de execución: dependencias das empresas a que se presta servizo, centros de formación de ser o caso.

Lugar de entrega: a documentación sinalada como entregable no prego de prescricións técnicas derivada da execución deste contrato entregarase no Igape en Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia inicial do contrato é dun máximo de 12 meses desde a súa fomalización, e poderá prorrogarse por un máximo de 12 meses máis sen superar a data do 31 de decembro de 2015. A vixencia estenderase ata a completa execución do contrato e expiración do prazo de garantía ofertado.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 09.

Importe total: 3.019.000 € (tres millóns dezanove mil euros) máis imposto sobre o valor engadido (IVE) de 633.990 € (seiscentos trinta e tres mil novecentos noventa euros), total de 3.652.990 € (tres millóns seiscentos cincuenta e dous mil novecentos noventa euros), correspondendo:

1.509.500 € (un millón cincocentos nove mil cincocentos euros) máis 316.995 (trescentos dezaseis mil novecentos noventa e cinco euros) de IVE, total de 1.826.495 € (un millón oitocentos vinte e seis mil catrocentos noventa e cinco euros) ao prazo de vixencia inicial (12 meses).

1.509.500 € (un millón cincocentos nove mil cincocentos euros) máis 316.995 (trescentos dezaseis mil novecentos noventa e cinco euros) de IVE, total de 1.826.495 € (un millón oitocentos vinte e seis mil catrocentos noventa e cinco euros) ao prazo de prórroga (12 meses).

Desagregación por lotes e prezos unitarios máximos:

Lotes

Orzamento unitario máximo (sen IVE)

Orzamento máximo por lote (sen IVE)

IVE

Total lote (IVE incluído)

Lote 1: servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas da provincia da Coruña

4.000 €

104.000 €

21.840 €

125.840 €

Lote 2: servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas da provincia de Pontevedra

4.000 €

104.000 €

21.840 €

125.840 €

Lote 3: servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas das provincias de Lugo e Ourense

4.500 €

90.000 €

18.900 €

108.900 €

Lote 4: servizos de mellora da xestión financeira e busca de financiamento

5.500 €

143.000 €

30.030 €

173.030 €

Lote 5: servizos de optimización da produción e cadea loxística

7.000 €

182.000 €

38.220 €

220.220 €

Lote 6: servizos de asesoramento para o relanzamento comercial

5.500 €

143.000 €

30.030 €

173.030 €

Lote 7: servizos de implementación de control de xestión/xestión por procesos

7.000 €

91.000 €

19.110 €

110.110 €

Lote 8: servizos de mellora da imaxe e comunicación empresarial

5.500 €

71.500 €

15.015 €

86.515 €

Lote 9: servizos de desenvolvemento estratéxico integral da empresa

12.500 €

275.000 €

57.750 €

332.750 €

Lote 10: servizos de elaboración de plans e protocolos de empresa familiar

6.500 €

84.500 €

17.745 €

102.245 €

Lote 11: servizos de identificación de redes de cooperación e socios

5.000 €

65.000 €

13.650 €

78.650 €

Lote 12: servizos de asesoramento para a redefinición de negocio

6.500 €

84.500 €

17.745 €

102.245 €

Lote 13: servizo de control, avaliación e difusión do programa

n/a

72.000 €

15.120 €

87.120 €

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso: (grupos, subgrupos e categoría) non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

Criterios da solvencia económica mínima: a empresa deberá acreditar unha cifra de negocio media durante os tres últimos exercicios ou prazo inferior, se é o caso, cando menos dun 10 % do importe orzado para o lote ou lotes a que licite.

Criterios da solvencia técnica: equipamento técnico suficiente para a execución do contrato, que conte con formación mínima de diplomatura universitaria e experiencia mínima de 2 anos na prestación de servizos de consultoría similares ao obxecto do lote correspondente, para cada un dos membros do equipo técnico destinado á execución do contrato.

A solvencia acreditarase polos medios establecidos no número 6.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 25.6.2014.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado. Presentaranse en:

1. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas): 8.7.2014 ás 10.00 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas económicas): 23.7.2014 ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación. Serán os seguintes, avaliados segundo o establecido na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lotes 1 a 12:

Criterio

Valoración

Prezo

51 %

Adecuación da metodoloxía aos obxectivos da contratación e grao de especificación do servizo

20 %

Calidade derivada da experiencia dos compoñentes dos equipos de traballo que supere a mínima exixida para xustificar a solvencia técnica

15 %

Calidade derivada da formación dos compoñentes dos equipos de traballo que supere a exixida para xustificar a solvencia técnica

7 %

Melloras

7 %

Lote 13:

Criterio

Valoración

Prezo

51 %

Adecuación dos servizos propostos ao control, avaliación e difusión do programa

21 %

Calidade derivada da experiencia do equipo de traballo que supere a mínima exixida para xustificar a solvencia técnica 

19 %

Melloras

9 %

11. Outras informacións.

Sesión informativa previa ás licitantes:

Tras a publicación deste procedemento no perfil de contratante e antes do remate do prazo de presentación de ofertas, o Igape impartirá unha sesión informativa sobre o programa de servizos e as condicións da contratación na súa sede en Santiago de Compostela, cuxa data se fará pública no perfil de contratante.

Obrigas de información e publicidade comunitaria:

O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

12. Gastos de anuncios: 4.200 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (de ser o caso): 7 de maio de 2014.

14. De ser o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacions

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica