Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de maio de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/55/2014-RP1.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 10 de abril de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na realización dunha obra de nova construción sen rematar, con tipoloxía de vivenda unifamiliar e sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, no lugar de Broz, 18, Goiriz, no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo aos herdeiros de Josefa Cillero Fernández, en calidade de propietarios do terreo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística