Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de maio de 2014 pola que se notifica a orde de suspensión das obras, ditada no expediente LUG/55/2014-S1.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10 de abril de 2014, resolución pola que se ordena a suspensión inmediata das obras que se executan en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na realización dunha obra de nova construción sen rematar, con tipoloxía de vivenda unifamiliar e sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira situada no lugar de Broz, 18, Goiriz, no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución aos herdeiros de Josefa Cillero Fernández, en calidade de propietarios do terreo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderan interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poderan interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística