Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, que notifica as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de seguridade industrial 97/I/13 (IN635C 2013/73-2), 100/I/13 (IN635C 2013/70-2).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase por anuncio no DOG a resolución do procedemento aos interesados que se sinalan no anexo.

O interesado poderá comparecer, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte a súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou do domicilio do interesado –se radica en Galicia–, a elección deste, no prazo de dous meses contados desde a dita data.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: 97/I/13 (IN635C2013/73-2).

Interesado: José Prado Castro.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 100/I/13 (IN635C 2013/70-2).

Interesada: Comunidade de Propietarios r/ San Roque,19-23 Lugo.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.