Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 12 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á empresa Pedra País, S.L. o requirimento de documentación complementaria relativa á solvencia técnica e económica na solicitude de paso a concesión derivada do permiso de investigación Pedra País 01 número 2938.1, situado no termo municipal de Fornelos de Montes (Pontevedra).

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícaselle á empresa Pedra País, S.L., con CIF B36881563, o requirimento de documentación complementaria relativa á solvencia técnica e económica por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, do 21 de abril de 2014, na solicitude de paso a concesión derivada do permiso de investigación Pedra País 01 nº 2938.1, situado nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra).

Comunícase que o dito requirimento se atopa á súa disposición, no prazo de 10 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43-5ª planta, de Pontevedra.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 12 de maio de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra