Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 14 de maio de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se notifica o acordo de procedencia de reintegro da subvención concedida (expedientes CT221C 2011/110 e 111).

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícase a entidade relacionada no anexo o acordo de procedencia de reintegro da subvención concedida mediante resolución do conselleiro de Cultura e Turismo do 23 de novembro de 2011.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura

Anexo

Entidade: Santiago de C. A. Internacional Editores (SCQ).

Enderezo: rúa da Riga, 4, 2º B, 15708 Santiago de Compostela.

Núm. expedientes: CT221C 2011/110 e 111.

Data de acordo de procedencia de reintegro: 24 de abril de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 9 e anexo II da Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que refire á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e a tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, modificada pola Orde do 5 de maio de 2011.

Cantidade que se reintegrará: 4.285,60 euros.