Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23899

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (214/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 214/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Gude Diz e Óscar Jiménez Sánchez contra Santín y Otero, S.C. sobre ordinario, se ditou Decreto 319/2014, do 16 de abril, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado Santín y Otero, S.C. (J-15782899) pola suma de 111.226,40 euros (43.286,58 euros [indemnización de 45 días de salario por ano de servizo, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, polo tempo transcorrido desde o inicio da prestación de servizos de cada un deles ata o 11 de febreiro de 2012 inclusive, e unha indemnización de 33 días de salario por ano de servizo desde o 12 de febreiro de 2012 ata a data de firmeza da presente sentencia, que xa se cuantifica en 22.970 euros de indemnización + 19.127,04 € de liquidación das cantidades debidas + 1.189,54 € de xuro de mora (10 % xuro de mora de 19.127,04 € desde a data da acta de conciliación no SMAC ata a data da sentenza)]) a Ricardo Gude Diz + 67.939,82 euros [indemnización de 45 días de salario por ano de servizo, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, polo tempo transcorrido desde o inicio da prestación de servizos de cada un deles ata o 11 de febreiro de 2012 inclusive, e unha indemnización de 33 días de salario por ano de servizo desde o 12 de febreiro de 2012 ata a data de firmeza da presente sentenza, que como supera o límite legal previsto xa se cuantifica en 44.892,90 euros de indemnización) + 21.697,51 euros como liquidación das cantidades debidas + 1.349,41 euros (10 % xuro de mora de 21.967,51 € desde a data da acta de conciliación no SMAC ata a data da sentenza)] a Óscar Jiménez Sánchez) en concepto de principal, máis 11.122,64 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, o que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014

A secretaria xudicial