Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. número 55/2014, interposto por María Mato Vilar e María Elisa López Suárez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 55/2014, interposto por María Mato Vilar e María Elisa López Suárez contra a Resolución da Consellería de Facenda, do 25 de novembro de 2013, pola que se inadmiten os recursos de reposición contra a Resolución da Consellería de Facenda, do 26 de xullo de 2013, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2013, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública