Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23894

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1148/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 1148/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfredo Eleazar Vela Vela contra Alemarse, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, estimando a demanda interposta por Alfredo Eleazar Vela Vela, representado polo letrada Sra. Souto Neira, contra a empresa Alemarse, S.L., que non compareceu malia estar debidamente citada, debo declarar e declaro que o despedimento do demandante con efectos do 31 de outubro de 2013, constitúe un despedimento improcedente e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do demandante nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento ou o aboamento dunha indemnización equivalente a 189,86 euros e, no caso de readmisión, a aboar ao traballador os salarios de tramitación en contía de 34,52 euros diarios. De non optar entre readmisión ou indemnización, entenderase que procede a primeira.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Alemarse, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 6 de maio de 2014

O secretario xudicial