Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23867

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 140, do 24 de xullo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 16 de maio de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas, de conformidade coa base II.1.1.1.,

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións e alegacións presentadas, anular as preguntas 72 e 103 da quenda de promoción interna, pasando a ocupar o seu posto a pregunta 101. Na quenda de acceso libre, anúlanse as preguntas 2 e 62, pasando a ocupar o seu posto as preguntas 101 e 102.

Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1. da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos), fixándose en 35 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, en todas as quendas, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.7. da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base II.13. da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2014

Roberto Suárez Vázquez
Presidente do tribunal