Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 24 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada o trámite de audiencia relativo á devolución do aval bancario pola compra dun piso correspondente ao expediente 36-J-0031/02.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo o trámite de audiencia relativo á devolución do aval bancario pola compra dun piso.

Pontevedra, 24 de abril de 2014

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: 36-J-0031/02.

Nome: Valentín Davila Martínez.

Enderezo: rúa do Cruceiro, 17, 36902 Pontevedra.

Asunto: requirimento para que, no prazo de 15 días improrrogables, alegue o que considere conveniente e nos informe de se a cantidade garantida co aval bancario lle foi devolta.