Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 13 de maio de 2014, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na citación con referencia C-JRLM-4-2014 do expediente núm. 36R001/724/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo no Paseo de Cervantes nº 7, 1º, Edificio las Palmeras, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 13 de maio de 2014

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Citación: referencia C-JRLM-4-2014 (expediente núm. 36R001/724/2014).

Interesado: Juan Fernando Martínez Cortizas.

CIF: 35301170B.

Acto notificado: citación.