Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 8 de maio de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica á persoa interesada a resolución do contrato de alugamento da vivenda de protección oficial de promoción pública (expediente OU-2007/010, conta 6).

Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo a resolución do contrato de alugamento da vivenda de protección oficial de promoción pública (expediente  OU-2007/010, conta 6), situada na urbanización San Verísimo, núm. 11, Cenlle, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, consonte o previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992.

Ourense, 8 de maio de 2014

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Mónica Parra Rodríguez.

Rúa Montepedroso, 1, 7º B, 32005 Ourense.