Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23861

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2014 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2014 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da

sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

3.1.2014

Non ten

Portos de Galicia e o Concello do Grove

Addenda ao convenio para a execución e mantemento dunha beirarrúa no porto do Grove

20.2.2014

Non ten

Portos de Galicia e Cogami

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración no desenvolvemento de accións que melloren a accesibilidade das instalacións portuarias dependentes da Xunta de Galicia

25.2.2014

5.000 €

Portos de Galicia e o Concello de Ortigueira

Addenda ao convenio para a execución da obra de acondicionamento da chaira recentemente formada como consecuencia do proxecto de remodelación das instalacións náutico-deportivas do porto de Ortigueira

3.3.2014

Non ten

Portos de Galicia e as empresas Construcciones López Cao, S.L., ABN Pipe Systems, S.L.U. e Tipologías Estructurales en Madera, Hormigón y Acero, S.L.

Contención de terreos baseada no traballo de tracción de láminas delgadas soportadas por postes: poste-lámina

18.3.2014

Non ten