Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23862

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2014 pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2014, de delegación de competencias.

Unha vez detectados erros na Resolución do 7 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 90, do 13 de maio), sobre delegación de competencias, e tendo en conta o establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que dispón que as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos, existentes nos seus actos, procede realizar a seguinte modificación:

Na páxina 21451, onde di:

«4. Deléganse na vicerreitora de Estudantes as seguintes competencias:

e) As relacionadas co recoñecemento, defensa e vixilancia dos dereitos e deberes do estudantado.

g) As referidas á convocatoria e xestión de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados, incluíndo, de ser o caso, a presidencia e/ou representación da universidade nos distintos órganos que se constitúan para a súa xestión».

Debe dicir:

«4. Deléganse na vicerreitora de Estudantes as seguintes competencias:

e) As relacionadas co recoñecemento, defensa e vixilancia dos dereitos e deberes do estudantado, incluídas as relativas á avaliación e cualificación do alumnado.

g) As referidas á convocatoria e xestión das distintas bolsas de estudo no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados, incluíndo, de ser o caso, a presidencia e/ou representación da universidade nos distintos órganos que se constitúan para a súa xestión».

Vigo, 21 de maio de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo