Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23381

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no primeiro cuadrimestre de 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Importe

(euros)

Data da

sinatura

Convenio co Centro Gallego de Mar del Plata

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Arxentina

30.000,00 €

18.3.2014

Convenio co Hogar Gallego para Ancianos en Bos Aires. DOMSELAR

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos

40.000,00 €

18.3.2014

Convenio coa Federación de Sociedades Galegas de Cuba. Oficina de Información

Mantemento da oficina de información e asesoramento en Cuba e puntos de información provincial

45.000,00 €

8.4.2014

Convenio coa Sociedade dos Anciaos para Asilo da Velhice Desemparada. Río de Janeiro-Brasil

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos

20.000,00 €

31.3.2014

Convenio coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo-Brasil

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos

12.000,00 €

22.4.2014

Convenio coa Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Santos-Brasil

12.000,00 €

22.4.2014