Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23380

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2014 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello do Turismo de Galicia.

O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia, establece no seu artigo 5 o procedemento de nomeamento dos/das seus/súas membros, dispoñendo no seu parágrafo 1 que os/as membros serán nomeados e cesados pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O parágrafo 2 do citado artigo establece que se algún/algunha membro perde a condición de representatividade pola organización que o elixiu, esta deberá comunicar, no prazo máximo dun mes, á Administración turística autonómica, o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.

O 18.2.2013 constituíuse a Axencia Turismo de Galicia, coa sesión constitutiva do seu Consello Reitor, asumindo desde a súa constitución as competencias atribuídas á Secretaría Xeral para o Turismo, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Polo exposto, en exercicio das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Cesar como membros do Consello do Turismo de Galicia a:

– Héctor Cañete del Campo, como membro titular, e a Ovidio Fernández Ojea, como membro suplente, en representación de empresas de restauración.

Segundo. Nomear como membros do Consello do Turismo de Galicia a:

– Ovidio Fernández Ojea, como membro titular, e a Héctor Cañete del Campo, como membro suplente, en representación de empresas de restauración.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia