Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23383

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2014, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2014

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

50.000,00

5.2.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cerdedo, no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións de secretarías de xulgados de Paz

8.500,00

17.2.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Cans de Salvamento de Galicia en materia de protección civil

7.500,00

12.3.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en materia de protección civil

21.000,00

12.3.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Galega de Apicultura en materia de protección civil

18.000,00

19.3.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) para o proxecto de desenvolvemento da acuicultura rural como estratexia de loita contra a pobreza e a seguridade alimentaria no distrito de Mueda, Cabo Delgado, Mozambique

121.000,00

19.3.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para fomentar o acceso das persoas xordas e xordocegas aos actos institucionais da Xunta de Galicia

2.500,00

19.3.2014

Acordo polo que se dispón as achegas da Xunta de Galicia a favor da Fundación Semana Verde Galicia

50.000,00

20.3.2014

Convenio de colaboración en materia de formación continuada de xuíces e maxistrados entre o Consejo General del Poder Judicial e a Xunta de Galicia para o ano 2014

25.000,00

27.3.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Ourense para o mantemento dun dispositivo para a acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata

20.000,00

27.3.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o mantemento dun dispositivo para a acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata

20.000,00

27.3.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Provincia de Lugo en materia de protección civil

3.050,00

27.3.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense e Provincia en materia de protección civil

5.500,00

27.3.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o desenvolvemento para a execución do proxecto Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2014. Aumentada a capacidade e lexitimidade da Coordinadora Galega de ONGD como plataforma de promoción do cambio social e defensa da política de cooperación en Galicia e mellorada a súa capacidade na prestación de servizos ás ONGD sociais

90.000,00

31.3.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Asociación España con ACNUR (Comité Español del ACNUR) Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados para a execución do proxecto acceso a auga potable para os/as refuxiados sudaneses no este do CHAD

20.000,00

31.3.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AA.PP e Xustiza e a Asociación axuda ao toxicómano Érguete

32.000,00

7.4.2014

Protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, para a prestación de asistencia pericial á Administración de Xustiza

0

16.4.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Federación de Autónomos do Taxi de Galicia (Fegataxi), para a colaboración no apoio ao traslado das mulleres vítimas da violencia de xénero. Centros de acollida das mulleres vítimas da violencia de xénero

0

23.4.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a atención Psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero complementariamente para as súas fillas e fillos menores e outras persoas do seu entorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero e atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar

154.600,00

28.4.2014

ANEXO II
Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2013

Convenio

Importe €

Data sinatura

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza e as empresas REPSOL Petróleo, REPSOL Butano e CLH sobre a actuación conxunta en materia de prevención, planificación e atención de emerxencias e protección civil

0

19.12.2013

Convenio de colaboración entre a Fundación EOI, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia para levar a cabo un proxecto para o fomento do emprendemento feminino, a innovación das pemes e Emprendedoras Galegas e a Plataforma Emprendemento en Feminino

20.000,00

27.12.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Vilar de Barrio, no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de Paz

8.500,00

30.12.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cotobade, no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de Paz

8.500,00

30.12.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Irixo, no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de Paz

8.500,00

30.12.2013