Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23639

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e a facer pública a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo).

En cumprimento do sinalado na base común 5 da Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo), pola que se convocaba concurso-oposición para o acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Nomear o tribunal que deberá xulgar a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario no anexo desta resolución.

Segundo. A localidade de actuación do citado tribunal farase pública na resolución desta dirección xeral en que o tribunal anunciará a hora e o lugar da realización da proba.

Terceiro. Quedan autorizadas as comisións de servizos dos membros do tribunal que necesiten desprazarse para o exercicio de tal función, e terán dereito a percibir as axudas e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo) que foi modificado polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (Diario Oficial de Galicia do 30 de maio) e corrección de erros no Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño, e a Resolución do 20 de xuño de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 17 de xullo).

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO
Tribunal titular-acreditación coñecemento do galego

Apelidos e nome

DNI

Presidente

González Moreiras, Jesús Pablo

33783681Q

Vogal 1

Jato Rodríguez, Anxo

34250485N

Vogal 2

Vázquez González, Susana M.

32768077T

Vogal 3

Pena Sánchez, Xosé R.

32419996R

Vogal 4

Rodríguez Cabanas, Carme

76508823J

Tribunal suplente-acreditación coñecemento do galego

Apelidos e nome

DNI

Presidente

Caseiro Nogueiras, Delfín

34720883Z

Vogal 1

Froján Roma, José Luis

76858652N

Vogal 2

Fernández Castro, María Montserrat

33835312N

Vogal 3

Díaz Pérez, Evaristo

35552421X

Vogal 4

De Arriba Redondo, María José

76572387M