Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23641

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar en que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo).

De acordo coa base común sétima da Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral acorda o seguinte:

Único. A proba de acreditación de coñecemento de lingua galega será cualificada polo tribunal único designado para estes efectos, segundo o establecido na base 7.3, da orde de convocatoria e terá lugar na data, hora e os lugares que se sinalan:

– Data: 14 de xuño de 2014.

– Hora: ás 16.00 horas.

– Lugar: IES As Fontiñas; rúa de Estocolmo, 5, Santiago de Compostela (A Coruña).

Recórdase que, de conformidade coa Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo), as probas valoraranse coa cualificación de «apto» ou «non apto», e quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas declaradas «non aptas». Finalizada a realización da proba, e unha vez avaliada, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuase e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos