Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23636

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de maio de 2014 pola que se convocan para a elección de destino provisional os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 25 de maio de 2012.

En virtude da Orde do 25 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 31 de maio) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Pola Orde do 21 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 203, do 23 de outubro) foron nomeados/as funcionarios/as en prácticas da dita escala os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios de carreira do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos núm. 1 (grande) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 28 de maio de 2014 ás 11.00 horas.

Segundo. Os/as aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados, entre as que quedaran sen adxudicar.

Quinto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, en redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (Diario Oficial de Galicia núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

Num.

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Subgrupo

Centro destino

Centro directivo

Concello

Formación

1

FCA020000215770010

FC

Xefatura de equipo

25

A1/A2

Área de Xestión Tributaria

Axencia Tributaria de Galicia

Santiago de Compostela

2

FCA020000215770012

FC

Xefatura de equipo

25

A1/A2

Área de Xestión Tributaria

Axencia Tributaria de Galicia

Santiago de Compostela

3

FCA020000315770016

FC

Xefatura de equipo

25

A1/A2

Área de Colaboración Social, Información e Asistencia

Axencia Tributaria de Galicia

Santiago de Compostela

4

FCA291000027001075

FC

Xefatura de equipo

25

A1/A2

Delegación Lugo

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

5

FCA291000027001078

FC

Xefatura de equipo

25

A1/A2

Delegación Lugo

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

6

FCA291000032001136

FC

Subxefatura unidade de inspección

24

A2

Delegación Ourense

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Ourense

7

FCA291000036560225

FC

Subxefatura unidade de inspección

24

A2

Delegación Vigo

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Vigo

8

FCC030000215770022

FC

Xefatura sección

25

A1/A2

S. X. de Contabilidade

Intervención Xeral da Comunidade Autonoma

Santiago de Compostela

9

FCC030000315770013

FC

Técnico/a de auditoría

25

A1/A2

S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións

Intervención Xeral da Comunidade Autonoma

Santiago de Compostela

Experiencia en xestión e control de fondos comunitarios (mérito)

10

FCC030001915770006

FC

Xefatura sección

25

A1/A2

Intervención Delegada da Consellería do Medio Rural

Intervención Xeral da Comunidade Autonoma

Santiago de Compostela

11

FCC030002015770007

FC

Xefatura sección

25

A1/A2

Intervención Delegada da Consellería do Mar

Intervención Xeral da Comunidade Autonoma

Santiago de Compostela

12

FCC030003032001011

FC

Xefatura sección II

25

A1/A2

Intervención Territorial Ourense

Intervención Xeral da Comunidade Autonoma

Ourense