Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Bailarines, Maestros y Coreógrafos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta Dirección Xeral, se presentou certificación expedida polo secretario da referida asociación, Juan Miguel Hernández Delgado, onde reflicte o acordo unánime, da asemblea xeral extradordinaria que tivo lugar o 28 de febreiro de 2014, onde se reflicte a modificación dos estatutos da dita organización, entre eles o que afecta a súa denominación que, en virtude da dita modificación, pasa a denominarse Asociación Sindical Galega de Danza.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social