Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Central Unitaria de Traballadores (CUT).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación expedida pola secretaria de actas do V Congreso da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), Xiana López Penedo, avalada co visto e prace do secretario xeral, Manuel Anxo Caamaño Fandiño, onde se reflicte a modificación de diversos artigos dos estatutos da dita organización, entre eles o que afecta ao domicilio social, que pasa a ser en rúa Urzáiz, 71, entresollado, Vigo.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social