Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009), relativa ao expediente TR345B 2009/273-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidad co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince (15) días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 29 de abril de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2009/273-2.

Nome: Juan Manuel López Rivas.

DNI/NIF: 77593261-R.

Último domicilio coñecido: avenida da Veiga, 9, baixo D, 27890 Cervo, San Cibrao (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionada ao abeiro desta orde durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5 da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.