Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2010/0132-4).

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza xudicial recaída no procedemento 213/2011, polo accidente laboral da traballadora Mª del Carmen Fernández Moldes.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (30.3.2010).

• Copia da sentenza xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que xulguen pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2010/0132-4.

Acta: I362010000032073.

Empresa: Intramat del Atlántico, S.L.

NIF: B-36188522.

Enderezo: As Veigas de Almorzar, 31, Caldas de Reis.

Vigo, 2 de maio de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo