Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23282

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (580/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 580/2013, por instancia de Cristina Tubío Rodríguez contra a empresa Fulgor Galicia, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que no día da data se ditou sentenza que di literalmente:

«Que estimando a demanda que en materia de cantidade interpuxo Cristina Tubío Rodríguez contra Fulgor Galicia, S.A., debo condenar e condeno a Fulgor Galicia, S.A. a que lle aboe á demandante ao cantidade de 1.592,50 euros polos conceptos reclamados na demanda, incrementadas co xuro do 10 % por mora.

Debo absolver e absolvo o Fondo de Garantía Salarial sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Fulgor Galicia, S.A., co apercibimento de que as sucesivas comunicacións se farán nas dependencias do xulgado agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de abril de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial