Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23280

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (995/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 995/2011 por instancia de Mónica Mosquera Calvo contra Zimmer Heim Iberica, S.L. e Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. (desistida) e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales foi ditada sentenza no 24 de abril de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estimar parcialmente a demanda interposta por Mónica Mosquera Calvo contra a empresa Zimmer Heim Iberica, S.L., a mutua Fremap e o Instituto Nacional da Seguridade Social, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese a mutua Fremap e o Instituto Nacional da Seguridade Social das pretensións de condena exercidas contra eles.

– Condénase a empresa Zimmer Heim Iberica, S.L. ao aboamento á demandante, en concepto de diferenzas por prestacións por IT, da cantidade de nove mil novecentos trinta e sete euros con cincuenta e catro céntimos de euro (9.937,54 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Zimmer Heim Iberica, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de maio de 2014

A secretaria xudicial