Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23263

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1519/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1519/2012 desta sección, seguido por instancia de Eduardo Vázquez García sobre accidente, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega e acollendo o interposto pola Mutua Intercomarcal, contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, do 1 de setembro de 2011, en autos número 887/2010, sobre determinación de continxencia en incapacidade temporal, instados por Eduardo Vázquez García fronte ás mutuas aquí recorrentes, ao Instituto Nacional da Seguridade Social e á empresa Luis Manuel García Rodellino, revogamos a resolución de instancia no puntual aspecto relativo a que a entidade responsable do aboamento da prestación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo é a Mutua Gallega, coas consecuencias inherentes, condenando os demais codemandados a se ater a tal declaración, mantendo no demais o pronunciamento da resolución de instancia. Impónselle á Mutua Gallega o aboamento das custas do recurso, que incluirán os honorarios do letrado da parte demandante en contía de 300 euros. Débese dar aos depósitos e consignacións, de os haber, o destino legal correspondente.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma á empresa Luis García Rodellino, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de abril de 2014

A secretaria xudicial