Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente PES-OU-230/2013-V e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do procedemento PES-OU-230/2013-V e cinco máis.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: PES-OU-230/2013-V.

Interesado: Manole Nastase Mihalache.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: r/ Antonio Palacios, 56, 1º B, O Porriño, Pontevedra.

Expediente: ANP-PO-152/2013.

Interesado: Luciano Vila Montes.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: travesía de Vigo, 126, 2º B, 36206 Vigo, Pontevedra.

Expediente: ANP-CO-0164/2013-V.

Interesado: Magín Fernández Martínez.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: Padre Rosendo Salvado, 10, 2º D, 15002 A Coruña.

Expediente: ANP-CO-156/2013-V.

Interesado: Mauricio González Míguez.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: Fonte da Xesteira, 13, Arcade, 36690 Soutomaior, Pontevedra.

Expediente: ANP-PO-167/2013.

Interesada: Coral Fernández Cota.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: Naranjo, 2, 3º E, 36002 Pontevedra.

Expediente: ANP-CO-0158/2013-V.

Interesada: Pamela Reborido Manteiga.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: Centiña, 10, 15147 Coristanco, A Coruña.