Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica o acordo do expediente ANP-CO-0161/2013-V.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo do procedemento ANP-CO-0161/2013-V.

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra o acordo do expediente de referencia poderá a interesada interpoñer as alegacións que xulgue convenientes no prazo de quince días, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANP-CO-0161/2013-V.

Interesada: Yuri Neves Pessoa de Lima.

Acto de notificación: acordo de procedemento.

Último enderezo coñecido: avenida da Habana, 36, 4º, 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).