Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 8 de maio de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra os expedientes sancionadores incoados en materia de transportes terrestres (expediente LU-01285-O-2009 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións sancionadoras ditadas nos expedientes que se citan no anexo porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Novagalicia Banco ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos Servizos Centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción
imposta (€)

Resolución
recurso

LU-01285-O-2009

S7868AM

Garda Civil 2704 I64330I

Santiago Campo Torre

20189851Z

Poeta Gerardo Diego, 24, 1º

39011 Santander

Cantabria

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

29.6.2009; 20.30.00; N-634; 604,8

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT,

artigo 143.4.b) da LOTT

100

Estimado parcial

OU-00838-O-2012

8346-FVT

Garda Civil 3203 B38216U

Mirela Ivova Pamukova

X3667594Z

Cl. Arroyo Fontarrón, 325, 6º B

28030 Madrid

Madrid

Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

9.5.2012; 17.12; A-52; 0155,200

Artigo 141.25 da LOTT en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación co f) da LOTT

801

Estimado parcial

PO-00478-O-2013

PO-8019-AY

Garda Civil 3601 Q92637T

José Manuel Orozco González

35255940E

Croas (Figueirido) 2

36140 Vilaboa

Pontevedra

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

18.12.2012; 18.03; PO-531; 4,800

Artigo 141.17 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

401

Desestimado

PO-00701-O-2013

PO-3195-BJ

Garda Civil 3601 K82210V

María Cristina Nestares García

05357017H

Escocia (Monte Porreiro), 1, 4º B

36161 Pontevedra

Pontevedra

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 15 % ata o 25 % en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 16 %.

14.1.2013; 11.52; N-550; 126,3

Artigo 141.4 da LOTT,

artigo 198.4 da ROTT

Artigo 143.1.f) da LOTT, artigo 201.1.f) da ROTT

1.551

Inadmisible