Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22833

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2014

Convenio

Data de sinatura

Importe

Acordo de cooperación interadministrativa entre a Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Traballo e Benestar para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de medidas de apoio específico ao sector naval

16.1.2014

32.100,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a Asociación Española do Gas (Sedigas), a Federación Rexional de Asociacións de empresas instaladoras de fontanaría, gas, calefacción, climatización e afíns de Galicia (Fegafon), Gas Galicia SDG, S.A. e Repsol Butano, S.A., para o desenvolvemento de accións de sensibilización e promoción da seguridade industrial nas instalacións de gas de uso doméstico durante os anos 2014, 2015 e 2016

12.2.2014

0,00 €