Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2014 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a xestión e explotación do servizo de cafetaría.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación da contratación para a xestión e explotación do servizo de cafetaría do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información.

1) Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG número 289, do 13 de maio de 2014, e na páxina www.parlamentodegalicia.es).

2) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

4) Teléfono: 981 55 13 00.

5) Telefax: 981 55 14 09.

6) Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: SRI-PA-3/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: xestión e explotación do servizo de cafetaría.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

1) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución/entrega: dous anos.

f) Admisión de prórroga: ata un máximo de dous anos máis.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55330000 (servizos de restaurante e subministración de comidas).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: prezo, de 0 a 51 puntos; criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor: valor técnico da oferta e melloras, de 0 a 49 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 380.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 95.000,00 €. Importe total: 104.500,00 €.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa temeraria, xustifique debidamente o importe ofertado terá que constituír unha garantía polo importe do 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose un día festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.

2. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata tres meses contados desde o remate do prazo para presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: dúas sesións públicas de apertura de ofertas, unha para sobres B e outra para sobres C.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

d) Data e hora: no día e hora que oportunamente se lles comunicará aos licitadores e se publicará no perfil de contratante da páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas publicados no BOPG número 289, do 13 de maio de 2014, e na páxina:

www.parlamentodegalicia.es

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia