Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación da subministración de produtos alimenticios cárnicos, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios non avaliables de forma automática, cuxa cuantificación depende de xuízos de valor (procedemento MS-EIL1-14-017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: rúa Dr. Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfonos: 982 29 60 24, 47 e 57.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: fernando.lopez.soto@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-EIL1-14-017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: o obxecto da contratación é a subministración sucesiva de produtos alimenticios cárnicos, con destino á Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos dependente do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/11.

d) Lugares de execución/entregas:

1º. Lugares: hospitais Lucus Augusti, Comarcal de Monforte de Lemos e da Costa.

2º. Domicilios: rúa Dr. Ulises Romero, 1, rúa Corredoira, s/n e rúa Rafael Vior, s/n, respectivamente.

3º. Localidades e códigos postais: Lugo 27003, Monforte de Lemos 27400 (Lugo) e Burela 27880 (Lugo) (respectivamente).

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): ver cláusula 2.1.5. do PCAP.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver a cláusula 6.5. do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 955.194,04 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importes: s/IVE: 477.597,02 €, IVE (10 %): 47.759,70 €, c/IVA: 525.356,72 €.

6. Garantías exixidas: provisional (importe): non/0,00 €. Definitiva: 5 % do orzamento s/IVE do contrato (23.879,85 €).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver cláusula 5.4.1.e) e f).

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación:

1º. Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 20 de xuño de 2014.

2º. Modalidade de presentación: a citada nos pregos.

3º. Lugar de presentación:

a) Dependencia: Rexistro Xeral, 2ª plta. do Hospital Universitario Lucus Augusti.

b) Domicilio: rúa Dr. Ulises Romero, 1.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

Se o último día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o devandito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura pública. Sobres B e C.

b) Domicilio: Hospital Lucus Augusti. Rúa Dr. Ulises Romero, 1.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): 29 de abril de 2014.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 29 de abril de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos