Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2014, da Presidencia do Parlamento de Galicia, pola que se abre novo prazo para a presentación de ofertas na contratación administrativa para a subministración sucesiva e por prezo unitario de bens consumibles.

O 13 de maio de 2014 publicouse no DOG número 90 o anuncio de licitación desta contratación no cal se establece como prazo para a presentación de ofertas quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da súa publicación.

O 16 de maio de 2014 publicouse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia unha corrección de erros do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia nº 284, do 6 de maio de 2014, por un erro material no prego de cláusulas administrativas que rexe esta contratación administrativa; procede entón a apertura de novo prazo para presentación de ofertas.

Polo tanto, resólvese a apertura de novo prazo de quince (15) días naturais para a presentación de ofertas, que comezará a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día da presentación é un día festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2014

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia