Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de maio de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/27/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 24 de marzo de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo de núcleo rural, sen a preceptiva autorización urbanística municipal, consistentes na construción dunha edificación de planta baixa en execución, da cal se levantaron as fachadas en bloque de formigón e algunha división interior en fábrica de ladrillo, no lugar do Pereiro, parroquia de San Tomé de Lourenzá, no termo municipal de Lourenzá, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a María Consuelo Díaz Rodríguez, en calidade de propietaria do terreo e promotora das obras, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística