Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2014 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada e tramitación ordinaria, das obras de construción dunha nave de redes en Camariñas (A Coruña), actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 3 (expediente 13/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de construción dunha nave de redes en Camariñas (A Coruña).

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución del contrato: 10 meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 45000000-7.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación documentalmente simplificada. Procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 261.012,04 €, IVE (21 %): 54.812,53 €; importe total: 315.824.57 €.

Valor estimado: 261.012,04 €.

5. Financiamento: Fondos Propios 25 %, Fondo Europeo de Pesca 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista:

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: Definitiva: 13.050,60 €. (5 % do importe do orzamento base de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 93 88 (consultas administrativas) 981 54 61 42 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20372

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do (8) oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

d) A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións.

a) Modificacións do contrato, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar