Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22648

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2014

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no primeiro cuadrimestre do ano 2014

Convenio

Importe total
do convenio (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Xinzo de Limia para a mellora da intersección da estrada OU-301 Xinzo (N-525)-Bande (OU-540), p.q. 0+770.

140.558,51

17.3.2014

Addenda núm. 1 ao Convenio de colaboración asinado o 7.5.2013 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Abegondo para a mellora da intersección no p.q. 7+700 da AC-542 (Mabegondo, Abegondo), cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

241.674,00

24.3.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sada para a estabilización dun noiro no p.q. 0+600 da AC-162.

195.552,38

25.3.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ribadavia para a mellora da estrada OU-504, p.q. 0+000 ao 0+750.

140.000,00

10.4.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cenlle para a mellora da estrada de acceso á área termal de Laias (Cenlle).

150.000,00

9.4.2014