Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22649

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2014 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas do Igape de apoio ás iniciativas abertas de difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

Mediante Resolución do 26 de novembro de 2013 publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape de apoio ás iniciativas abertas de difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (DOG núm. 230, do 2 de decembro) procedéndose á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2014, por trámite anticipado de gasto. As ditas bases foron modificadas mediante Resolución do 24 de marzo de 2014 (DOG núm. 61, do 28 de marzo).

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras, están sendo analizadas as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 8.4 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Requirir aos solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, ao que accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 8.4 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, teráselle por desistido na súa petición ao solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG114.2014.1.3

Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (Fremss)

G70357173

IG114.2014.1.5

Asociación Profesional de Coaching, Grow Coaching

G27785930

IG114.2014.1.11

Asociación Clúster da Madeira de Galicia

G32290439

IG114.2014.1.16

Ineo

G36969525

IG114.2014.1.20

Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego

G70115282

IG114.2014.1.21

Rede Galega de Empresas

G15803760

IG114.2014.1.22

Asoc. Intersectorial e Interterritorial de Auton. y Peq. Empresas de Galicia

G36550630

IG114.2014.1.23

Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia

G36905040

IG114.2014.1.24

Asociación de Jóvenes Empresarios Vigo

G36801876

IG114.2014.1.26

Fundación Semana Verde de Galicia

G36155208

IG114.2014.1.27

Fundación Semana Verde de Galicia

G36155208

IG114.2014.1.28

Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños

G15394760

IG114.2014.1.30

Asociación Gallega de Ferias - Agafe

G32429953

IG114.2014.1.45

Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)

G36615219

IG114.2014.1.47

Conxemar

G36636819

IG114.2014.1.48

Asociación de Executivas de Galicia

G70301916

IG114.2014.1.49

CCA Compostela Monumental

G15382468

IG114.2014.1.50

Conxemar

G36636819

IG114.2014.1.51

Asoc. Intersectorial e Interterritorial de Auton. y Peq. Empresas de Galicia

G36550630

IG114.2014.1.52

Asoc. Intersectorial e Interterritorial de Auton. y Peq. Empresas de Galicia

G36550630

IG114.2014.1.53

Asoc. Intersectorial e Interterritorial de Auton. y Peq. Empresas de Galicia

G36550630

IG114.2014.1.54

Clúster Tic Galicia

G70157581

IG114.2014.1.55

Clúster Tic Galicia

G70157581

IG114.2014.1.56

Aecalpo

G36274306

IG114.2014.1.57

Asoc. Empr. Ferrolterra

G15366693

IG114.2014.1.58

Asociación Clúster do Audiovisual Galego

G15891260

IG114.2014.1.60

Confederación Industrias Textiles de Galicia

G36681039

IG114.2014.1.64

Universidade de Vigo - rectorado

Q8650002B

IG114.2014.1.65

Fundación Galicia Sustentable

G70193537

IG114.2014.1.67

Clúster del Agua Mineral y Termal de Galicia

G70311568

IG114.2014.1.72

Asociación Cambados Zona Centro, Centro Comercial Urbano de Cambados

G36245306

IG114.2014.1.73

Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés

G36340685

IG114.2014.1.76

Federación Empresas Cooperativas Sinerxia

V36783470

IG114.2014.1.77

Federación Empresas Cooperativas Sinerxia

V36783470

IG114.2014.1.78

Asociación Española de Dirección y Desarrollo de Personas

G28464873

IG114.2014.1.79

Círculo de Jóvenes Empresarios de Ourense

G32411118

IG114.2014.1.80

Asociación Marineda Jóvenes Empresarios

G15581259

IG114.2014.1.81

Asociación Marineda Jóvenes Empresarios

G15581259

IG114.2014.1.85

Fundación Ronsel

G15752660