Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22646

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2014 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o primeiro cuadrimestre do ano 2014

Convenio

Importe total
do convenio

Data da
sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento á marxe dereita da ría da Arousa.

Sen custo económico

2.1.2014

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universidade da Coruña, relativo ao proxecto de parzaría de apoio técnico á consolidación da Administração Regional de Áugas do Norte (ARA-Norte), Mozambique.

48.176,25 €

8.4.2014

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universitat Politècnica de Catalunya, relativo ao proxecto de parzaría de apoio técnico á consolidación da Administração Regional de Áugas do Norte (ARA-Norte), Mozambique.

49.119,91 €

8.4.2014

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e Amphos 21 Consulting, S.L., relativo ao proxecto de parzaría de apoio técnico á consolidación da Administração Regional de Áugas do Norte (ARA-Norte), Mozambique.

109.946,80 €

8.4.2014

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Federación Galega de Piragüismo para subvencionar as actividades de piragüismo que conforma a Super Liga Galega 2014.

18.000,00 €

25.4.2014