Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22524

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal relativa ao incremento de densidade dos solos urbanizables non delimitados.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de marzo de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal relativa ao incremento de densidade dos solos urbanizables non delimitados (SUND), segundo o proxecto formulado polo Concello de Santiago de Compostela a través dos servizos técnicos da Área de Urbanismo.

De conformidade co disposto no artigo 85.2 da LOUG, este acordo someterase ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente outorgarase audiencia aos municipios limítrofes.

Durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente, no Servizo de Planeamento e Xestión, e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2014

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible