Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22522

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO da concesión demanial das instalacións turísticas e deportivas do complexo hostaleiro e deportivo do Beque.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moaña.

2. Obxecto: concesión demanial (uso privativo de dominio público local) das instalacións turísticas e deportivas do complexo hostaleiro e deportivo do Beque.

3. Duración da concesión demanial (cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas particulares): 8 anos, prorrogables ata 32 anos.

4. Tramitación: ordinaria.

5. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

6. Canon da concesión (cláusula 2ª do prego de cláusulas administrativas particulares): 16.508,21 €.

7. Garantía provisoria: non se exixe.

8. Garantía definitiva: equivalente ao 5 % do importe da adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de información e documentación: nas dependencias da Secretaría Xeral do Concello de Moaña. As Barxas 2. CP 36950 Moaña. Pontevedra. Teléfono: 986 31 01 00, fax: 986 31 01 04 e no perfil do contratante na páxina web do concello www.concellodemoana.org

10. Proposicións. Lugar e prazo de presentación. Documentación: consonte establece a cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Capacidade para contratar: consonte establece a cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Ao mesmo tempo, procédese á exposición pública do prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas para que durante o mesmo prazo de presentación de proposicións poidan presentar reclamacións contra el.

Máis información nos pregos, que se consultarán en horario de oficina na propia casa do concello e na páxina web do concello, perfil do contratante, www.concellodemoana.org.

Moaña, 27 de marzo de 2014

José Fervenza Costas
Alcalde