Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22525

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para balizamento das praias.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación do servizo de balizamento das praias do Concello de Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo de balizamento das praias do Concello de Sanxenxo.

2. Duración do contrato: plurianual (2 períodos, desde o 1 de xuño de 2014 ao 1 de xuño de 2015 e desde esa data ata o 1 de xuño de 2016).

3. Orzamento máximo de licitación: o orzamento máximo de licitación pola totalidade da duración do contrato é de 173.553,72 €, sen incluír o imposto sobre o valor engadido, o IVE ascende a 36.446,28 € e o orzamento máximo de licitación, co IVE é de 210.000 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con un único criterio de valoración, o prezo máis baixo).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo rematase en festivo ou sábado, ampliarase ao día seguinte hábil que non fose sábado.

6. Criterio de adxudicación: será o sinalado na cláusula 9ª dos pregos respectivos:

– Prezo máis baixo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación, co IVE, que figura na cláusula segunda deste prego (105.000,00 €/ano).

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo o sinalado nas cláusulas 10ª e 11ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Solvencias:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante declaración sobre o volume de negocios, no ámbito de actividades correspondentes ao obxecto do contrato, referido aos tres (3) últimos exercicios dispoñibles, por importe igual ou superior ao exixido no anuncio de licitación (105.000,00 €/ano co IVE).

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante unha relación de servizos relacionados co obxecto do contrato, en contía total igual ou superior a 250.000,00 €, sen incluír o IVE, realizados no curso dos tres (3) anos anteriores a data de finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación e que incluirá importe, datas e o destinatario, público ou privado. Os servizos acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. No caso de non achegar a documentación conforme o que se sinala neste parágrafo, non computará para acreditar a solvencia técnica.

10. Garantías: garantía definitiva do 5 % do importe total da adxudicación excluído o IVE.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es perfil de contratante.

Sanxenxo, 9 de maio de 2014

Salvador Durán Bermúdez
Alcalde accidental