Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Campo Lameiro (expediente IN407A 2014/68-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CT Rozas.

Situación: Campo Lameiro.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 604 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 1 C-2000-12 na LMT SJG806 e final no CT proxectado. Centro de transformación aéreo de 50 kVA, con RT 20 kV/400-230 V, situado no lugar de Rozas, Campo Lameiro.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación

Pontevedra, 23 de abril de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Concello: Campo Lameiro.

Provincia: Pontevedra.

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Castiñeira

Monte Alto

Comunidad de Montes de Rozas

1-5

3,77

517

8.278

2

Veigiñas

Prado

Elena Rodríguez Fontenla

6

0,84

74

640

3

Veigiñas

Labradío

Celina García Fontenla

6

0,84

1

92