Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22212

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribas de Sil

ANUNCIO de aprobación do proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de San Pedro, Pousanova, Pousavella e Relosío.

Aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno de data do 5.5.2014 o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de San Pedro-Pousanova-Pousavella e Relosío (Ribas de Sil, Lugo), de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Ribas de Sil, 9 de maio de 2014

Miguel Ángel Sotuela Vega
Alcalde